Visitas guiadas

Museo do Humor   Actividades   Visitas guiadas

Existe a posibilidade de realizar visitas guiadas ao Museo do Humor de Fene para grupos escolares, asociacións ou colectivos. Estas visitas poderán complementarse con algunha proxección audiovisual e/ou taller. 
 
Duración das visitas guiadas + taller: 1 hora para grupos de Educación Infantil e entre 1,5 e 2 horas (en función da idade e características dos visitantes)
 
As visitas guiadas realizaranse de luns a venres en horario de mañá.
 
Custe para o colexio/entidade solicitante: gratuita.
 
Para reservar unha visita guiada ao Museo do Humor de Fene cómpre chamar ao teléfono 981 342 400 (de luns a venres en horario de mañá) ou enviar un correo electrónico ao enderezo museodohumor@fenecidadan.gal ou museodohumor@gmail.com.

Visitas combinadas Museo do Humor + Parque de Educación Viaria de Barallobre

Para solicitar visitas combinadas Museo do Humor + Parque de Educación Viaria de Barallobre (Fene) cómpre consultar a normativa específica desta instalación municipal na web do Concello de Fene:
 
Tamén se pode solicitar información enviando un correo ao propio Museo (museodohumor@fenecidadan.gal ou museodohumor@gmail.com) ou  ao departamento de Cultura e Ensino do Concello de Fene (cultura.deportes@fene.gal).