Escolas e obradoiros

Museo do Humor   Actividades   Escolas e obradoiros

No marco da súa programación de escolas e obradoiros culturais municipais, o Concello de Fene organiza dende o ano 2014 o obradoiro "Licenza para rir", dirixido a persoas maiores de 16 anos.

Os obxectivos desta actividade son:

  • Coñecer e valorar as potencialidades terapéuticas e curativas da risa.
  • Fomentar a creatividade individual e grupal desde o lúdico.
  • Utilizar a risa como ferramenta favorecedora da comunicación e estímulo da creatividade.
  • Axudar ao corpo e á mente a afrontar positivamente calquera situación de estrés, empregando a risa como ferramenta terapéutica.

Cada sesión do obradoiro divídese en:

  1. Preparación para a actividade. Cómo veño hoxe?
  2. Dinámicas grupais como preparación do corpo e da mente para a risa.
  3. Exercizos de ioga da risa, de risoterapia e/ou meditación da risa.
  4. Peche. Cómo saio hoxe?

O obradoiro "Licenza para rir" desenvólvese nas instalacións no Museo do Humor de Fene en sesións semanais de unha hora e media de duración.