19-02-2018

Tardes activas

De luns a venres nos locais sociais de Fene. 

09-11-2018

Exposición "Pinto & Chinto. 25 anos"

O Museo do Humor de Fene acolle até o 31 de decembro a exposición "Pinto & Chinto. 25 anos", unha mostra que repasa a traxectoria do dúo de humoristas gráficos formado por David Pintor e Carlos López, máis coñecidos como Pinto & Chinto. 

14-11-2018

Doa sangue

O 14, 15, 16 e 17 de Novembro doa sangue no teu concello : O 14 de novembro en Perlío. Unha unidade ermanecerá na praza da escola –diante da asociación de veciños- de 15,30 a 21 horas. Así mesmo, o xoves día 15 e o venres día 16 permanecerá diante do centro de saúde no mesmo horario e, o sábado día 17, fará o propio pola mañá, de 10 a 15 horas.

16-11-2018

Actuación de Carmen Méndez no "Novembro, mes do humor"

Terceira función do ciclo "Novembro, mes do humor" no Museo do Humor, ás 20.00 horas. As invitacións (dúas por persoa) recolleranse a partir das 18.30 horas na conserxería da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene (Avda. de Conces, 20-22, Fene). Espectáculo para público adulto.