01-02-2019

Inscrición na Escola de Natación postparto

Inscricións no pavillón polideportivo da Xunqueira (en San Valentín) de luns a venres de 9.00 a 13.30 e os mércores en horario de tarde, de 16.30 a 19.00 horas.

04-03-2019

XXIII edición do concurso de humor gráfico “Curuxa do Humor”

Os debuxantes interesados en presentarse a esta nova edición dos Curuxas, poden enviar os seus debuxos ó Rexistro Xeral do Concello de Fene (Praza do alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500 Fene, A Coruña) ou por calquera outra forma establecida no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común. Iso sí, ata o 31 de maio ás 23,59 horas.

08-03-2019

Exposición "Pictografías", de Eduardo Hermida

Do 8 de marzo ao 29 de abril de 2019 na Casa da Cultura de Fene. Horario de visitas: de luns a venres, de 10 a 13 e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas. 

11-03-2019

Concentración violencia machista

ás 12:00 h na porta da Casa do Concello