04-06-2019

Proxecto INDIRA

Todos os martes, de 10,30 a 12,30 horas no Centro Municipal de Servizos Sociais (Avenida do Mar, Bloque 1-Baixo) até o 13 de agosto

10-06-2019

Exposición Libros de Artista “Animalario”

A mostra pode visitarse na Casa da Cultura ata o 30 de xullo (inclusive) de luns a venres de 10 a 13 horas e de 18 a 21 horas, e os sábados de 10 a 13 h (a partir do día 21, de luns a venres de 10 a 14,15 horas).

14-06-2019

Inscrición actividades deportivas de verán

No departamento de Cultura e deportes sito na avenida naturais 44 dende o 18 de xuño ás 9.00 h

11-07-2019

Sesión especial e constitutiva

Ás 14.30 h na Casa Consistorial, sesión especial e constitutiva cos seguintes puntos na orde do día:

  • Ratificación, se procede, da urxencia da sesión.
  • Aprobación, se procede, da determinación das asignacións dos grupos políticos
  • Aprobación, se procede, da proposta da Alcaldía da creación, composición e periodicidade das Comisións Informativas permanentes
  • Aprobación, se procede, da proposta da Alcaldía da determinación dos concelleiros que exercerán os seus cargos con dedicación, réxime de asistencias dos membros da Corporación e fixación do réxime de indemnizacións por gastos efectivos ocasionados no exercicio do cargo

 

11-07-2019

Festa dos avós no Concello de Fene

No marco do ciclo do Día de Galicia, a praza do alcalde Ramón José Souto González acollerá esta tarde a partir das 20 horas un xantar popular e a actuación, a partir das 22.30 horas, da orquestra La Trova Coruñesa.