Convocatorias

11-12-2017 -

Anuncio nomeamento administrativo interino

11-12-2017 -

Anuncio nomeamento Bibliotecaria interina

05-12-2017 -

Inscrición actividades deportivas Nadal 17/18

O luns 11 de decembro abre o prazo de inscrición nas actividades deportivas Nadal 17/18
05-12-2017 -

Fene abre o prazo para inscribirse como Paxes Reais na Cabalgata das SS.MM Os Reis Magos de Oriente

Os nenos e nenas que queiran participar como paxes na Cabalgata das SS.MM Os Reis Magos de Oriente do 5 de xaneiro de 2018 poderán inscribirse dende luns 11 de decembro.
29-11-2017 -

Convocatoria de Subvencións a Entidades sen fins de lucro para actividades desenvolvidas no exercicio 2016

Publicado no BOP do 29/11/2017 a convocatoria de Subvencións a Entidades sen fins de lucro para actividades desenvolvidas no exercicio 2016. O obxecto da convocatoria é apoiar ás entidades municipais sen ánimo de lucro no desenvolvemento de actividades culturais, deportivas e educativas que favorezan a participación entre a veciñanza e, así mesmo, contribuír ao financiamento dos gastos de funcionamento necesarios para o cumprimento dos fins propios das asociacións e para o desenvolvemento das actividades obxecto da subvención.
28-11-2017 -

XXXII Memorial Adolfo Ros. Volta a Ría

O 3 de dembro, XXXII edición da carreira de media maratón “Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría”
13-11-2017 -

Bono coidado para a atención a domicilio de menores de 12 anos

Publicado no DOG do 10 de novembro as axudas económicas ás familias con nenos e nenas menores de doce anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares que se produzan entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018.
08-11-2017 -

Axudas para a festividade de Reis 2017

Publicado no BOP do mércores 8 de novembro as bases reguladoras do programa municipal de axudas para a festividade de Reis 2017.
02-11-2017 -

Nomeamento funcionario interino

Publicadada a Resolución da alcaldía 1247 relativa ao nomeamento como funcionario interino dunha praza do Grupo: Agrupación sen titulación; Escala: Administración Especial; Subescala: Servizos Especiais; Clase: persoal de oficios; Denominación: peón-tractorista, na modalidade de “exceso o acumulación de tarefas”, por un prazo de 2 meses.
31-10-2017 -

Xuntos polo Nadal 2017

Ata o 17 de novembro pode solicitarse a través dos Servizos Sociais do Concello de Fene a participación no programa para persoas maiores "Xuntos polo Nadal", que ofrece unhas pequenas vacacións de lecer para quen non teña con quen pasar unhas festas especialmente sinaladas no calendario. Hai 240 prazas dispoñibles ás que poderán optar persoas maiores de 60 anos que vivan soas.