Convocatorias

13-09-2017 -

Inscrición escolas deportivas

A matrícula nas escolas da piscina de Centieiras realizarase os días 13 e 14 de setembro (só residentes en Fene) e o 15 de setembro (poboación en xeral). Para a totalidade das demais escolas deportivas municipais, as datas establecidas serán o 18 e 19 (só residentes en Fene) e os días 20, 21 e 22 de setembro para a poboación en xeral.
13-09-2017 -

Solicitude horarios adestramento para os Pavillóns do Ramo e a Xunqueira

Os equipos non federados do Concello, federados doutros Concellos, asociacións deportivas e particulares, poderán solicitar horario de adestramento nos Pavillóns Municipais do 14 ao 26 de setembro.
01-09-2017 -

Bases selección alumnado traballador e persoal do obradoiro de emprego Inicia II

Exposición das bases para a selección do alumnado traballador/a e persoal do Obradoiro de Emprego “Inicia II”
01-09-2017 -

Contratación PIL 2017

Publicada a resolución da alcaldía 971 do 31 de agosto de 2017 relativa ao Programa de Integración Laboral 2017
25-08-2017 -

Resultado final do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal 6 peóns e 1 oficial albanel

Publícanse os resultados finais da convocatoria.
21-08-2017 -

Baremación final da fase de concurso do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal: 6 peóns e 1 oficial albanel

Por Resolución da Alcaldía publícanse os resultados.
14-08-2017 -

Baremación da fase de concurso do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal: 6 peóns e 1 oficial albanel

Prazo de tres días hábiles para a presentación de alegacións á valoración de méritos realizada e achegar as emendas requiridas.
09-08-2017 -

Lista definitiva de admitidos e excluídos para a contratación de persoal laboral temporal, 6 peóns, 1 oficial albanel

Mediante resolución de Alcaldía núm. 885/2017 con data do 08.08.2017
03-08-2017 -

Anuncio nomeamento interina para a praza de técnico de administración xeral

Mediante resolución de Alcaldía núm. 867/2017 con data do 03.08.2017
03-08-2017 -

Aprobación da bolsa de interinos do proceso selectivo para a praza de técnico de administración xeral

Mediante resolución de Alcaldía núm. 859/2017 con data do 03.08.2017