Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local

 

A axencia de emprego e desenvolvemento local forma parte dunha infraestrutura impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración coas entidades locais, a través dos programas de cooperación, como instrumento para contribuir na implantación das políticas activas de emprego e a xeración de emprego no ámbito local.

O seu principal obxectivo é colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial e as súas funcións son: 

  • Asesoramento e apoio para a creación de empresas.
  • Acompañamento técnico no inicio de proxectos empresariais.
  • Difusión e estimulo de potenciais oportunidades de creación de actividade entre as persoas desempregadas, promotores e emprendedores, así como institucións colaboradoras, levando a cabo accións de sensibilización cara á promoción dunha maior conciencia empresarial como oportunidade de negocio.
  • Información de axudas, subvencións e liñas de financiamento das distintas administracións.
  • Calquera outra relacionada coa creación da actividade empresarial.
Ligazóns