Inscricións no obradoiro de Creación Literaria

O obradoiro de Creación Literaria desenvolverase na Aula de estudo da Biblioteca Pública Municipal “Xosé María Pérez Parallé” entre os meses de setembro e novembro de 2017 (comezará o 14 de setembro e concluirá o 16 de novembro). Terá unha duración de 20 horas repartidas en 10 sesión de dúas horas cada unha e razón de unha sesión por semana. As clases serán os mércores ou xoves en horario de tarde, de 18.30 a 20.30 horas.

O único requisito que se esixe para participar nesta actividade é ser maior de 16 anos. Polo demais, a inscrición é gratuíta e as prazas (máximo de 20) adxudicaranse por orde de inscrición.

Ligazóns