Exposición de Antonio Quintía

O venres 29 de xullo abre ao público na Casa da Cultura a exposición de pintura ao óleo “La vida en imágenes”, de Antonio Quintía.

Lugar: Sala de exposición temporais do centro cultural.

Horario de visitas, de luns a venres:

  • De mañá: de 10.00 a 14.15 h
  • De tarde: de 17.00 a 21.00 h (xoves a tarde pechado).

Antonio Quintía realizou exposicións individuais no Centro Comercial de Narón, no “Recrearte” de Cerdido, en Dolce Vita Odeón, na Casa de la Cultura de San Sadurniño, no Concello de Cerdido, no Pazo da Cultura de Narón, no Restaurante O Parrulo, Mesón Os Tres Pes en Castro, Concello de Ares, Centro Sociocomunitario de Fene, Casino Ferrolano, Biblioteca de Narón, Hotel Herbeira de Cedeira, Casa da Cultura de Valdoviño, Parrillada O Mercado, etc.

Tamén participou en diferentes exposición colectivas:  no Auditorio de Vilalba, con Mesturas, Casa das Palmeras de Neda, con Narart,  Museo da Policía de Narón, Pazo da Cultura de Narón, con Narart, nos locais sociais de San Xiao e Piñeiros, etc.