Exposición dos traballos do IV Certame de Creación artística En Galego? É o noso!

O certame de Creación Artística “En galego? É o noso!” é un dos concursos escolares que o Concello de Fene organiza anualmente ao redor da celebración do Día das Letras Galegas.

Os traballos amósanse no corredor do primeiro andar da Casa da Cultura, na cristaleira que da acceso á Biblioteca Municipal de Fene e permanecerán alí até finais do mes de novembro. O horario de visitas é: de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas.

Ligazóns