Sesión Ordinaria Pleno Municipal

Sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial  o 07.12.2017 ás 18.00 h. en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día

1. Aprobación, se procede, das actas das sesións ordinarias do 07.09.2017, 05.10.2017 e 02.11.2017 e da sesión extraordinaria do 26.10.2017
2. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende o núm. 1224/2017 ao núm. 1365/2017
3. Dación de conta do informe de intervención sobre as abrigas de subministro de información previstas no artigo 16 da Orde HAP/2015/2012, do 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira, correspondente ao 3º trimestre do 2017
4. Aprobación, se procede, da conta xeral do exercicio 2016
5. Aprobación, se procede, da modificación dos estatutos da Asociación de Concellos do Camiño Inglés
6. Aprobación, se procede, da moción do grupo municipal Socialista contra o abandono do medio rural galego
7. Aprobación, se procede, da moción do grupo municipal Socialista para regular adecuadamente a figura do consumidor vulnerable do Real Decreto 897/2017, de 6 de outubro
8. Aprobación, se procede, da moción do grupo municipal Socialista para a elaboración e incorporación ao futuro Plan Vivenda Estatal dun programa de prevención e atención ás persoas sen fogar
9. Aprobación, se procede, da proposta de declaración de especial interese e utilidade municipal da actividade económica desenvolvida pola Sociedade Deportiva Barallobre por concorrencia de circunstancias sociais, culturais e histórico artísticas aos efectos da obtención da bonificación recollida no
artigo 5.4 da Ordenanza fiscal núm. 27, reguladora do imposto sobre bens inmobles
10. Aprobación, se procede, da moción do grupo municipal Socialista sobre o inicio inmediato das xestións para a definición do modelo de xestión do servizo da auga e saneamento do Concello de Fene
11. Mocións urxentes
12. Rogos e preguntas