III edición do programa “Adeus ríos, adeus fontes”

O calendario desta terceira edición de “Adeus ríos, adeus fontes” inclúe sesións de contacontos para o alumnado de Infantil e 1º de Primaria do CEIP Sillobre (19 de marzo ás 9.30 horas) e do Ceip Centieiras (19 de marzo ás 10.30 horas). Tamén escoitarán os contos de Atenea García e Ignacio Vilariño, os/as alumnos/as de 2º, 3º e 4º de Primaria do Ceip Centieiras (19 de marzo ás 11.15), os/as de Infantil do CPR Jorge Juan (19 de marzo ás 12.00 horas) e os/as de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria da Jorge Juan (19 de marzo ás 12.45 horas). As sesións de contacontos concluirán o día 20 de marzo no Ceip Os Casais, ás 9.45 horas (para o alumnado de Infantil e Primaria) e no Ceip O Ramo, ás 11.05 (para o alumnado de Infantil e Primaria).

Amais dos contacontos, a Concellería de Medio Ambiente de Fene anuncia para mércores 21 de marzo unha plantación de árbores polo barrio de San Valentín, a cargo do alumnado de 1º a 6º de Primaria do CPI A Xunqueira. Repartidos por cursos, ese día a partir das 11 da mañá, os rapaces/as de A Xunqueira serán os encargados de plantar 5 árbores de distintas especies (camelia, magnolia, pereira e liquidámbar) noutros tantos espazos públicos do barrio.

Ciclo de actividades dirixidas ao alumnado de educación infantil e primaria do concello para conmemorar o Día Forestal Mundial (21 de marzo) e o Día Mundial da Auga (22 de marzo).

Ligazóns