Babacontos con María Moreno

Día: 16/05/2018

Hora: 18.00 h

Lugar: Casa da Cultura de Fene

Contos de Mª VICTORIA MORENO forman gran parte do repertorio deste Babacontos. Utilizando as ferramentas da narración oral tradicionais, coñeceremos algunhas das historias do libro MAR ADIANTE, así coma contos/poemas de EU CONTO, TI CANTAS…, o amor que a autora tiña aos canciños e tantos outros animais, da man da actriz Larraitz Urruzola.


Xogaremos a crear atmósferas poéticas, situacións que xurden da transformación da realidade, contribuíndo a iniciarse no mundo dos contos e do teatro a través da fantasía, da inventiva, da creación efémera e espontánea.A narradora e actriz é Larraitz Urruzola Tolosa, ten máis de 25 anos de experiencia en espectáculos para público familiar . No seu percorrido profesional traballou con Babaluva, Fantoches Baj, Buratini, Cachirulo, Teatro do Liló, Os Quinquilláns e coa Productora Lúa Films fixo 60 capítulos, co papel do personaxe Pencas, para o programa de animación á lectura emitido na TVG “Planeta Fantasía”.