Visita ao Museo do Humor

Seguindo a liña de tantos outros museos que se están a converter en instrumentos de educación popular e en centros culturais vivos, o Museo do Humor de Fene mantén ao longo de todo o ano unha intensa axenda de visitas guiadas. Na súa maioría, son visitas escolares (que se complementan con distintas actividades relacionadas co humor gráfico)  aínda que tamén son frecuentes as visitas de peregrinos (o Museo esta emprazado en zona de paso do Camiño Inglés a Santiago), asociacións veciñais e socioculturais, colectivos especiais, etc.

Duración das visitas guiadas + taller: 1 hora para grupos de Educación Infantil e entre 1,5 e 2 horas, en función da idade e características dos visitantes
Horario: de luns a venres en horario de mañá
Custe para o colexio/entidade solicitante: gratuita
Reservas: no  teléfono 981 342 400 ou no enderezo electrónico: museodohumor@gmail.com.