Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o vindeiro 07.06.2018 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:


1. Aprobación, se procede, da sesión extraordinaria urxente do 16.04.2018
2. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende o núm. 469/2018 ao núm. 634/2018
3. Dación de conta do informe de intervención sobre as abrigas de subministro de información previstas no artigo 16 da Orde HAP/2015/2012, do 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira, correspondente ao 1º trimestre do 2018
4. Dación de conta do período medio de pagamento global aos provedores e do informe sobre o cumprimento das previsións das medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, correspondente ao 1º trimestre do 2018
5. Aprobación, se procede, do expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito núm. 6/2018
6. Aprobación, se procede, do expediente de suplemento de crédito núm. 1/2018
7. Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía da implantación do servizo de punto limpo, da súa forma de xestión, convenio regulador e do seu regulamento
8. Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de modificación do Regulamento orgánico municipal (ROM)
9. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, do proxecto “Mellora de camiños municipais: Buio-Rabadeña”, incluída no Plan de mellora de camiños municipais
2018-2019 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader)
10. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da proposta da alcaldía de solicitude de adhesión ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o fomento da implantación e fixación de empresas en Galicia mediante a creación da iniciativa “Concellos doing business Galicia”
11. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación inicial, se procede, da modificación das ordenanzas fiscais, núm. 24, reguladora do imposto de construcións, instalacións e obras, da núm. 27 reguladora do imposto sobre bens inmobles e da núm. 26 reguladora do imposto sobre actividades económicas
12. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da moción do grupo municipal do BNG en apoio á convocatoria del folga xeral para o 19 de xuño de 2018
13. Mocións urxentes
14. Rogos e preguntas