Exposición Premios Curuxa 2018

Selección das obras presentadas aos Premios Curuxa, concurso de humor gráfico convocado polo Museo do Humor de Fene, na súa edición de 2018. A exposición consta de 47 debuxos.

Salientan as obras dos artistas galardoados este ano: Fernando Iglesias Mouta, “Kohell” (1º premio na categoría Curuxa), Manuel Arriaga de León (2º premio na categoría Curuxa),  Ana Martínez Fernández (1º premio na categoría Curuxa Nova) e Cristian Fojón Caruncho (2º premio na categoría Curuxa Nova).

Horario de visitas: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas. Sábados, de 10.00 a 13.00 horas. Domingos e festivos, pechado.