Caxoto Contacontos no "Novembro, mes do humor"

Caxoto presenta en Fene o seu espectáculo "Que morro!!!"

Nesta sesión para público adulto Caxoto Contacontos fai un percorrido polas fontes da tradición oral galega, pola nosa historia, pola literatura contemporánea para achegar a seu peculiar punto de vista da vida e da morte. Un espectáculo para pasar medo e morrer de risa, para sentir en carne propia as emocións que sempre estiveron presentes nos contos da lareira e nos contos para dumir.

Historias dos nosos devanceiros, costumes tradicionais, feitos históricos relevantes, grandes descubrimentos... en 60 minutos que pasarán como un suspiro. Un suspiro de
morte...