Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o vindeiro 07.02.2019 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, das actas da sesión ordinaria do 07.06.2018, da sesión ordinaria do 05.07.2018, da sesión extraordinaria do 30.07.2018, da sesión ordinaria do 02.08.2018, da sesión ordinaria do 06.09.2018, da sesión extraordinaria urxente do 18.09.2018, da sesión ordinaria do 04.10.2018 e da sesión extraordinaria urxente do 15.10.2018
2. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende o núm. 1600/2018 ao núm. 1604/2018 e dende o núm. 1/2019 ao 106/2019
3. Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía en relación co Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía
4. Aprobación, se procede, da Moción conxunta do grupo municipal do BNG e do grupo Mixto municipal en relación coa defensa da sanidade pública galega e os servizos no PAC de Fene
5. Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal Socialista en relación coa atención primaria no Concello de Fene
6. Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal Socialista en relación coa violencia de xénero
7. Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal Socialista en relación coa declaración do día 24 de febreiro como Día de Rosalía
8. Mocións urxentes
9. Rogos e preguntas