O campeonato está patrocinado pola Secretaría Xeral para o Deporte e a organización corre por conta da Federación Galega de Judo, coa colaboración do Concello de Fene.

O pavillón polideportivo de A Xunqueira acollerá este sábado 16 de febreiro a xornada “Xogajudo” da zona Lugo e Ferrol. A cita arrancará ás 11 horas e prolongarase ata as 13 e, nela, prevese a participación de 263 judokas.