A partir das 12 horas, no xardín Rosalía de Castro, en Perlío, realizarase a ofrenda floral e o grupo de teatro Xosé María Pérez Parallé do CMI Unidade de Fene recitará poemas da escritora. De seguido, actuará o Tradicoro, que interpretará poesías de Rosalía e, ao remate, o alcalde, Gumersindo Galego, pronunciará unhas palabras. Sobre as 12,30 h, a praza da escola do Ameneiral será o escenario central onde o Concello convide á veciñanza a unha degustación popular do “Caldo de Gloria” segundo a receita que a propia Rosalía legou no seu poema “Miña casiña, meu lar”. Ademais, e ao longo da toda a mañá, realizarase un bookcrossing na parroquia de Perlío de 50 libros de Rosalía.

 

Ligazóns