Inscrición curso intelixencia emocional

Inscricións até o 5 de marzo. De 9 a 14 horas no departamento municipal de Ensino do Concello –Avenida de Naturais, 44, entresollado

Están dirixidos a nenos e nenas que cursen Educación Primaria –de 3º a 6º curso- e ESO –de 1º a 4º-. Arrancarán o 13 de marzo e prolongaranse ata o mes de xuño. Celebraranse os días 13 e 27 de marzo, 10 e 24 de abril, 8 e 22 de maio, e 5 de xuño, en horario de 16 a 17 horas –ESO- e de 17 a 18 h –Primaria-. O programa concluirá cunha charla, o 11 de xuño ás 18,30 h dirixida ás nais e pais, baixo o título “Que aprendemos?”.


As prazas están limitadas e cubriranse por rigurosa orde de inscrición.

 

Descargas