XXIII edición do concurso de humor gráfico “Curuxa do Humor”

Organizado pola Concellería de Cultura e o Museo do Humor de Fene, nesta vixésimo terceira edición do certame, o/a gañador/a da Curuxa Gráfica (categoría para maiores de 25 anos) recibirá 2000 € e diploma e o gañador/a do segundo premio, 1500 € e diploma. Para a “Curuxa Nova” (categoría para persoas entre 16 e 25 anos) anúnciase un primeiro premio, dotado con 1.000 € e diploma, e un segundo premio, dotado con 500 € e diploma.

Os debuxantes interesados en presentarse a esta nova edición dos Curuxas, poden enviar os seus debuxos ó Rexistro Xeral do Concello de Fene (Praza do alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500 Fene, A Coruña) ou por calquera outra forma establecida no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común. Iso sí, ata o 31 de maio ás 23,59 horas.

As obras, de temática libre, deben ser de creación propia e inéditas: humor gráfico nas súas modalidades de viñeta, tira ou cómic (máximo 1 páxina). Tanto as bases do certame, como a ficha de inscrición e o modelo de declaración responsable pódense descargar na web do concello de Fene ou no microsite do Museo do Humor.

O fallo do Xurado do XXII Concurso “Curuxa do Humor” darase a coñecer no prazo de dous meses trala data límite de presentación dos traballos e darase a coñecer a través da páxina web www.fene.gal e dos diferentes medios de comunicación. Formarán parte do Xurado o alcalde de Fene, a concelleira de Cultura, a coordenadora do Museo do Humor e tres humoristas gráficos ou expertos en humor gráfico nomeados polo Concello de Fene.

Ligazóns