Inscrición campamento deportivo Deputación A Coruña

Os campamentos están destinados a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos de idade e desenvolveranse durante o mes de xullo no Centro Calvo Sotelo da Deputación, ubicado na cidade da Coruña, en catro quendas de 5 días de duració. O prezo do campamento é de 85 euros, que inclúe transporte, estadía e manutención. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 31 de maio nos concellos.

Durante a súa estadía, os rapaces contarán cun amplo programa de activades que inclúe dende a práctica da natación, o tenis, o sendeirismo ou deportes naúticos ata xornadas de praia, obradoiros, actividades e visitas culturais a centros de interese cultural na cidade e a comarca da Coruña coma a Torre de Hércules, o castelo de San Antón ou o Aquarium Finisterrae.

O programa cultural complétase con veladas nocturnas nas que os nenos desenvolverán actividades e xogos que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias.

En cada quenda participarán un total de 100 rapaces, que estarán supervisados en todo momento por monitores titulados e o un director/a de campamento.

Ligazóns