Xornadas portas abertas IES Fene

Tras o éxito na realización das anteriores dúas convocatorias da I Xornada de Portas Abertas da FP, dirixidas ao alumnado da comarca de Ferrolterra, no IES de Fene decidimos facelas extensivas ás persoas desempregadas, empresas, familias e público en xeral,  para brindarlles a oportunidade de coñecer os ciclos formativos de grao medio que impartimos:

  • C.M Soldadura e Caldeiraría.
  • C.M. Electromecánica de vehículos Automóbiles.
  • C.M. Mantemento electromecánico ( oferta ordinaria e modular)
  • C.M. Instalacións Frigoríficas e de Climatización.
  • C.M. Instalacións de Produción de Calor ( oferta modular)

Esta terceira convocatoria da Xornada terá lugar o vindeiro martes 11 de xuño de 18:30 a 20:30. Nela, trataremos de rachar estereotipos aínda existentes sobre a Formación Profesional, así coma tamén dar a coñecer opcións formativas cunha moi boa inserción laboral.


Na visita, tras unha brevísima charla por parte de persoal relacionado con estes ciclos, faremos un percorrido de carácter práctico polos nosos talleres, para que podan coñecer mellor o noso traballo cotián.
 

Descargas