Inscrición para participar na Carreira Solidaria da Muller

O prazo para anotarse coa asociación remata o 6 de setembro de 2019. O prezo da inscrición (para recollida do material da carreira) é de 15,00 euros, que se abonarán á Asociación Por + Vida. Para máis información: pormaisvida2011@gmail.com ou no teléfono 650 812 030.


As persoas interesadas en asistir poden entregar a ficha de inscrición cuberta persoalmente ou por email á entidade ou no Servizo Municipal de Atención á Muller do Centro de Servizos Sociais de Fene, Av. do Mar Bloque 1-Baixo, San Valentín. smam@fene.gal

A entrega da equipación para a carreira será o sábado 21 de setembro de 11:00h a 13:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Fene.

A saída dos autocares será o domingo 22 ás 8.30 horas dende a casa do Concello de Fene. A volta dende A Coruña está prevista ás 14:00 horas.

Nesta actividade poden participar mulleres a partir de 12 anos de idade. Os buses serán gratuítos para as participantes, até completar prazas, segundo rigoroso orde de inscrición. Terán preferencia as mulleres empadroadas en Fene e as socias de Por+Vida, aínda que se quedan prazas libres poderán ser cubertas pon veciñas doutros municipios.

Ligazóns