Un banquete con moito conto

Día: 9/10/2019

Hora: Ás 18.30 h

Lugar: Biblioteca Municipal de Fene

Inscricións: A partir do 1 de outubro

Andamiaxe protagoniza o segundo espectáculo do ciclo cunha actividade moi orixinal: “Un banquete con moito conto”. Trátase dun banquete de contos no que os comensais serán partícipes da súa elaboración e degustación. Será o mércores 9 de outubro ás 18:30 horas e vai dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 8 anos. Abre o prazo de inscrición o 1 de outubro.