S.C.R.D. Agarimo. Como facerse socio/a

Porán solicitar facerse socio/a todas aquelas persoas que así o desexen,  no intre de darse de alta deberan aboar por adiantado dous anos (96€). Os pago dos recibos será a través de entidade bancaria e  serán anuais. Os socios beneficiarios, xuvenís quedan exentos así como as/os ex -cónxuxe ou parella de feito.

  • Socios/as beneficiarios/as. Socios beneficiarios serán os demais  membros da unidade familiar do/a socio/a numerario. Segundo artigo 9º dos estatutos entendese por unidade familiar, muller ou home, parella, fillos/as, netos/as e ascendentes que convivan co/a numerario. Os ascendentes deberán ser maiores de 70 anos, xubilados/as, amas de casa ou que non perciban retribucións algunhas.
  • Xuvenís. Socios/as xuvenís serán aqueles con idades entre 18 e 25 anos que formen ou non parte da unidade familiar.
  • Parella de feito
  • Ex- cónxuxe/a

Sobre a cota dos socios/as:A cota de socio/a xuvenís será do 15% da cota de socio/a de número.A cota de socio/a numerario queda establecida en 48€ anuais. Descarga: Ficha de socio/a e a ficha de domiciliación bancaria.Estes dous documentos son necesarios para inscribirse como socio/a de Agarimo. En caso de dúbida, pódese consultar no teléfono 981340694 ou en agarimosillobre@gmail.com Se queres actualizar os teus datos descarga a ficha de actualización de datos.

Descargas