S.C.R.D. Agarimo. Historia Cultural

Actividades Educativas

A Asociación Agarimo achega durante todo o ano un amplo abano de actividades que mesturan a educación co lecer. Estas distribúense en tres grupos fundamentais:

  • Aulas educativas: Teñen a mesma duración que o curso escolar. Acollen actividades de Música, Canto, Teatro, Informática, Baile infantil e para adultos.
  • Escolas educativas de verán: Desenvólvense nos meses de xullo e agosto. Teñen como finalidade que os rapaces e rapazas durante o periodo vacacional desenvolvan actividades educativas e deportivas preferentemente ó aire libre.
  • Obradoiros educativos e de lecer: Nas instalacións da S.C.R.D. Agarimo desenvólvense os seguintes obradoiros: Corte e confección, Manualidades e Ximnasia de Mantemento.

Grupo de Teatro da S. C. R. D. Agarimo de Sillobre

Naceu no ano 1969 e foi dirixido desde a súa creación por Andrés Picallo. A obra coa que comezou a longa traxectoria de representacións teatrais foi Los Marqueses de Matute, unha peza de corte costumista, selo de indentidade deste grupo de teatro amador, que ao longo destes anos puxo de manifesto o seu interese por este tipo de teatro coa representación de pezas como Como casarse en siete días, A forza do amor, O pai do rapás ou O enfado de papá, entre outras.

A Coral Polifónica Agarimo de Sillobre

A coral presentouse oficialmente o Día das Letras Galegas de 1995, baixo a dirección da mestra de canto e piano Mari Luz Rodríguez Rodríguez. Desde o ano 2005 a coral está encabezada polo mestre de clarinete Manuel Amorós. O seu repertorio é variado, vai dende a canción galega e “habaneras”, ata panxoliñas e pandeiradas.

Actuou esta Coral en algúns lugares da nosa Galicia, tamén en diversos actos culturais en Ferrolterra, colaborando con outras Sociedades especialmente nos Programas de Música e Teatro para grupos non profesionais subvencionados pola Sección de Cultura e Deportes da Deputación Provincial da Coruña.

O Coro xuvenil de Agarimo de Sillobre

O coro xuvenil da S.C.R.D. Agarimo de Sillobre, nace no mes de agosto de 2011, grazas ao entusiasmo de Don Manuel Carballo, que foi quen de xuntar un grupo de rapaces da parroquia para cantarlle ao patrón, San Ramón, no día da súa festa.

O caso é que gustou, que Carballo disfrutou, e que os rapaces o pasaron ben. E daquela, como membro da directiva de Agarimo, Carballo, tamén foi quen de convencer ao mestre, Don Gustavo Illobre, para que lles aprendera algunhas cancións aos rapaces, e así, en poucos meses, a súa grande idea de crear un coro xuvenil na sociedade, saíu adiante, e

  • O coro xuvenil da S.C.R.D. Agarimo de Sillobre, iniciou a súa andadura o 18 de decembro de 2011, facendo a súa primeira actuación xunto a outras corais no festival de panxoliñas organizado pola sociedade Agarimo.
  • Logo, con motivo da celebración das letras galegas, o sábado, 19 de maio de 2012, xunto co coro infantil "Voces Brancas" de Carballo, interpretaron varias cantigas, tamén en Sillobre.
  • O día 19 de xullo de 2012, cantou o Himno Galego na ofrenda floral celebrada no monumento do "Día da Patrica Galega", en Fene.
  • No festival de corais de outono, celebrado o domingo 21 de outobro de 2012, volveu a actuar xunto outras corais no local de de Agarimo.
  • O pasado Nadal 2012, interpretaron varias panxoliñas na Igrexa de Santa Marina de Sillobre, e na de San Xurxo de Magalofes.
  • 0 Venres, 3 de maio de 2013, cantou na Liga de Amigos de Barallobre, no certame de corais "Fene canta a Rosalía". 
  • O domingo 19 de maio de 2013, contou en Agarimo no festival de corais.
  • Cantaron na AVV de limodre, o venres 24 de maio de 2013.
  • Xunto con outros, participaron no festival da Capela, o sábado 1 de xuño de 2013.
  • O xoves 18 de xullo de 2013, na ofrende floral no monimento do Día da Patria Galega, interpretaron o Himno Galego.
  • O 20 de de outubro de 2013, domingo, xunto coas corais polifónicas de Agarimo, e Areas de Mar de Ares, participaron no festival de música, celebrado na sociedade.
Descargas