Programa de ámbito escolar, de educación en valores para a prevención do consumo de alcohol e outros trastornos aditivos e comportamentais no ámbito escolar a través dos medios audio visuais e as TIC.

Ten como obxectivos xerais:

  • Reducir a prevalencia e intensidade no consumo de alcohol en menores e adolescentes.
  • Racionalizar o uso das TIC previndo as adiccións sociais e condutas relacionadas
  • Atrasar ou impedir o inicio de condutas adictivas no eido escolar.

O programa vai dirixido á poboación escolar de , 5º e 6º da EP e de 1º e 2º da ESO . A intervención preventiva debe comezar antes de que se establezan patróns de adiccións difíciles de cambiar.
O programa consta da proxección de 3 películas (unha cada trimestre), a realización das correspondentes unidades didácticas (compostas dun manual para o profesorado e un caderno para o alumnado), as actividades complementarias na internet e a posibilidade de facer un curso de formación para o profesorado online (dito curso é optativo). É importante ter en conta que a proxección das películas non é un fin en si mesmo, senón un medio para traballar as unidades didácticas. Se potencia ao profesorado e as familias como figura de prevención.
Remítese o programa de Cine e saúde ás ANPAS quedando a criterio de cada unha realizar sesións coas familias.

Áreas
Descargas