O Concello programa obradoiros de Educación para a Saúde nas parroquias de Fene, Magalofes e San Valentín

CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS

O Concello programa obradoiros de Educación para a Saúde nas parroquias de Fene, Magalofes e San Valentín

O Concello de Fene iniciará esta semana obradoiros de Educación para a Saúde nas parroquias de Magalofes, San Valentín e Fene. Celebraránse de forma estable ata o mes de xuño, unha vez á semana e cunha duración de hora e media.
A participación é completamente gratuíta e as sesións forman parte do programa “Tardes Activas”, que promove a Concellería de Servizos Sociais en colaboración coa Deputación provincial da Coruña. Os obradoiros están destinados aos maiores do municipio e, aqueles interesados en participar, poden anotarse no Centro Municipal de Servizos Sociais (Avenida do Mar, Bloque 1 baixo-San Valentín) ou nas asociacións colaboradoras (neste caso, CPS San Valentín, CMI Unidade de Fene e AVV San Xurxo de Magalofes). Será, precisamente, nos locais destas entidades onde se celebren as sesións.
A través das mesmas, e con diferentes técnicas de relaxación, preténdese aprender a controlar o estress, a ansiedade e os seus síntomas. Ademáis, haberá sesións de risoterapia, habilidades sociais e autoestima que axudan igualmente a mellorar a calidade de vida. Ata o momento, estes talleres celebrábanse en Perlío todos os luns. Agora, dende  esta semana, exténdense a San Valentín (os martes, de 18 a 19,30 horas), Fene (os mércores, de 17 a 18,30 horas) e Magalofes (os venres, de 19 a 20,30 horas).