O Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene abordará este martes o reparto do tempo dos coidadores de persoas dependentes

CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS

O Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene abordará este martes o reparto do tempo dos coidadores de persoas dependentes

Como distribúen os coidadores de persoas dependentes o tempo, canto lle adicaban antes ao seu ocio e canto agora e que recursos están ao seu alcance para recuperar tempo persoal sen que teña impacto no coidado do seu familiar será unha dastemáticas que se abordará este martes, 20 de xaneiro, ás 16,30 horas, no Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene. Será a través da reunión mensual de xaneiro do grupo de apoio a familias creado ao abeiro do obradoiro “Recuperación memoria”, incluído no programa de envellecemento activo “Tardes Activas” que financia a Deputación. E, aínda que os principais destinatarios son os familiares e coidadores principais dos participantes dese taller, as sesións do grupo de apoio están abertas a toda á veciñanza interesada no asunto a tratar.
O grupo de apoio a familias é un espazo no que compartir experiencias, sentimentos e dúbidas, no que se abordan temas de coidado e autocoidado, como o da sesión de mañá. Na mesma, tamén se analizará a roda da vida, coa que farán un análise interno de diferentes aspectos importantes na historia vital de cada persoa, e se plantearán obxectivos reais para este ano que acaba de comezar.
 
Así mesmo, a Concellería de Servizos Sociais de Fene lembra que o prazo para anotarse nos obradoiros “Recuperación memoria” permanece aberto. As sesións celébranse todos os martes, de 16,30 a 18 horas, no Centro Municipal de Servizos Sociais. O obradoiro está pensado para tratar o inicio de patoloxías, diminuíndo ou retrasando a incidencia de demencia e deterioro cognitivo. As persoas participantes pasan unha proba previa para valorar o estado no que se atopan e así poder adaptar as actividades ás súas necesidades. Todas elas, encamiñadas a mellorar a memoria, orientación e atención.