Zumba, inchables e moita información centrarán a conmemoración do Día Mundial contra o Cancro en Fene

Zumba, inchables e moita información centrarán a conmemoración do Día Mundial contra o Cancro en Fene

Baixo o lema “Se cres que estás só non nos coñeces”, a delegación ferrolana da Asociación Española contra o Cancro (AECC), en colaboración co Concello, conmemorará este domingo en Fene o Día Mundial contra o Cancro. Será a partires das 11 horas, no pavillón de A Xunqueira, en San Valentín, nunha xornada á que está invitada toda a veciñanza. Nese espazo, a asociación instalará as súas mesas informativas e, nelas, dará conta de todos os programas e proxectos que leva a cabo para enfermos e familias. Fará realidade ese lema que preside este ano a celebración.
Sobre as 11,30 horas, dará comezo unha masterclass de zumba que se prevé multitudinaria e, durante toda a mañá, os máis pequenos da casa tamén poderán disfrutar de inchables. O prezo da entrada é simbólico, de dous euros, namentras que os nenos poden acceder gratuitamente. Así mesmo, dende a delegación ferrolana da AECC se avanza outra forma de colaborar nesta loita contra o cancro coa adquisición de camisetas solidarias por cinco euros. Recaudación que irá íntegramente a soster os programas da entidade.
Grazas a estes, 315.000 persoas reciben apoio emocional cada ano en hospitais, residencias de acollida e domicilios; 15.000 apoio psicolóxico, ou 3.000 foron atendidas en unidades de coidados paliativos. Son algunhas das cifras dos diferentes programas de axuda e apoio asistencial a enfermos e familias. A estes, e entre outros, súmanse os plans de investigación e avances en diagnóstico precoz ou as campañas informativas desplegadas