O Concello pon a disposición de centros de ensino e asociacións a mostra "Pola Cara"

CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES

O Concello pon a disposición de centros de ensino e asociacións a mostra "Pola Cara"

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanzou esta mañá que, dende hoxe, 23 de febreiro, xa é posible solicitar en préstamo a exposición de caricaturas “Pola cara”, organizada en 2014 polo Concello no marco das actividades do XXX aniversario do Museo do Humor de Fene. Os centros de ensino ou asociacións interesadas en dispor da mostra deberán cumplimentar un formulario e asinar o documento coas condicións de cesión fixadas. Este pódese solicitar ao Museo do Humor por email: museodohumor@gmail.com ou por teléfono: 981 34 24 00 (de luns a venres de 8 a 14,30 horas).
“Pola Cara” amosa unha importante colección de caricaturas doadas para a ocasión por 53 debuxantes e caricaturistas galegos, españois e internacionais (Abraham Carreiro, Ulisses Araújo, David Lara, Jorge Inacio, Carlos Sardiña, Christian Jacob, Raúl Iglesias, Moisés Ramírez, Gogue, David Pintor, José Luis Castro Lombilla, Baptistao, Polo, Walter Toscano, Xavi, Sebastian Cast, Armando Gámez Padrón, Álex Gallego, Jarbas Domingos, José Julio, etc.). Entre os personaxes caricaturizados salientan actores e actrices como Jack Nicholson, Laurence Fishbourne, Laurel & Hardy, ou Judy Dench; deportistas como Neymar, Iniesta ou Michael Schumacher; políticos como Rajoy, Pablo Iglesias, Obama, Fidel Castro ou José Mújica; escritores como Gabriel García Marquez, José Saramago ou Francisco Ayala; pintores como Pablo Picasso ou Frida Khalo; músicos como Mike Jagger ou Freddy Mercury.
Así mesmo, Rocío Bértoa explica que aqueles interesados en obter máis información teñen á súa disposición o seguinte blog: https://polacarafene.wordpress.com/