O Concello reemplazará 60 colectores de lixo, vidro e cartón en todo o municipio

CONCELLERÍA DE SERVIZOS

O Concello reemplazará 60 colectores de lixo, vidro e cartón en todo o municipio

O Concello procederá á reposición de 60 colectores de residuos orgánicos, vidro e papel repartidos por todo o termo municipal de Fene. Así o anunciou o alcalde, Gumersindo Galego, ao tempo que avanzaba a posta en marcha dunha campaña informativa para fomentar a reciclaxe doméstica. En ambos proxectos, o Concello contará coa colaboración económica da Deputación provincial da Coruña, que valoraba positivamente os proxectos presentados pola Concellería de Obras e concedía á Administración local unha achega superior aos 21.000 euros. Destinaránse así tanto á adquisición dos colectores como á iniciativa de concienciación cidadá.
Máis polo miúdo, o alcalde apuntou que o Concello mercará 39 colectores verdes de 800 litros de capacidade, 5 para o depósito de vidro e outros cinco para o de papel e cartón. A estes sumaránse outros 11 recipientes, pero neste caso de menor capacidade -ata 240 litros- tamén para residuos orgánicos. Estes últimos ubicaránse en zonas de baixa densidade poboacional. Todos eles permitirán reemplazar outros colectores moi deteriorados que están a perder a súa utilidade.
A medida, salienta o alcalde, irá acompañada dunha campaña informativa onde se expliquen as vantaxes da separación do lixo nos domicilios, os criterios a seguir para facelo, o uso dos colectores específicos e a ubicación daqueles de depósito de aceite doméstico, pilas e mediantos. Completaráse cunha chamada de atención sobre a importancia da reciclaxe a os datos dos niveis que se rexistran no Concello. Esa información plasmaráse en folletos informativos que se distribuirán entre a veciñanza. O obxectivo, engade Gumersindo Galego, é potenciar a implicación da cidadanía na conservación do medio facilitando os recursos necesarios para facelo.