O escritor Ramón Loureiro elixe Fene para presentar o seu último libro, "Diarios"

CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO

O escritor Ramón Loureiro elixe Fene para presentar o seu último libro, "Diarios"

O escritor e xornalista Ramón Loureiro, Fenés do Ano, presentará este venres, 27 de marzo, o seu último libro, “Diarios”. E, para tan destacado acto, elixiu a súa terra natal, Fene. E, máis concretamente, o Círculo Mercantil e Industrial. No mesmo, estará acompañado do alcalde, Gumersindo Galego, e arroupado por veciños e representantes do mundo da cultura. Con entrada libre, o encontro co escritor dará comezo ás 20,30 horas. Organizado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo, coa colaboración da editorial Eurisaces, a presentación de “Diarios” contará tamén coa actuación da agrupación local “Airiños de Fene”, así como co espectáculo de maxia do prestixioso Mago Antón.
Ramón Loureiro foi elixido Fenés do Ano a proposta das entidades cidadás e culturais do municipio. Un galardón que se concedía por vez primeira, e que o movemento asociativo otorgou como recoñecemento á labor levada a cabo por Loureiro para proxectar as terras, as paisaxes e as xentes de Fene a través da súa literatura. Exerce profesionalmente o periodismo, pero mantén unha relación constante coa literatura que o ten levado a converterse nun dos escritores españois máis recoñecidos pola crítica.
Os seus “Diarios” supoñen un novo hito na súa escritura, un proxecto que Ramón Loureiro afronta tras ter culminado a súa Triloxía do Norte, integrada polas novelas “Las galeras de Normandía”, “León de Bretaña” e “El lejano Reino de la Vía Láctea”.