Testamento Vital e Lei de Morte Digna

Dereitos e garantía da dignidade das persoas enfermas terminais

Testamento Vital e Lei de Morte Digna

Martes 20 de Xuño, ás 19:00 h no Salón de Actos da Casa da Cultura

A Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, en colaboración coa Asociación Por +Vida organizan unha charla-coloquio sobre "Testamento Vital e Lei de Morte Digna" impartida por Emilia Irimia, presidenta da Asociación Dereito a Morir Dignamente de Galicia (DMD)

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade coa colaboración da Asociación Oncohematolóxica Por +Vida a través da asociación DMD Galicia, invita a todas as persoas interesadas a participar no acto no que se pretende informar e promover o dereito de toda persoa a dispoñer con liberdade do seu corpo e da súa vida e a elixir libre e legalmente o momento e os medios para finalizala. Do mesmo xeito, quérese apoiar a defensa, de xeito especial, do dereito das persoas enfermas terminais e irreversibles a morrer sen sufrimentos, se este é o seu desexo expreso.
No acto, a presidenta galega da DMD, Emilia Irimia, falará da Lei de Morte Digna, do Testamento Vital, de cómo facer para formalizar a nosa vontade de xeito legal, do rexistro galego... e de todo o referente ao tema obxecto da charla. Esta será informativa e eminentemente participativa, xa que se abrirá un espazo para que as persoas asistentes podan preguntar e informarse de cuestións máis detalladas ao respecto.
A charla será impartida de xeito gratuíto pola asociación DMD Galicia que á súa vez entregará ao público asistente material coa información detallada ao respecto.

Responsable técnica da actividade, psicóloga municipal.

Máis Información:
Centro Municipal de Servizos Sociais
Av. do Mar, Bloque 1 – Baixo. San Valentín – Fene
Telf: 981342607  /  981492706