Prazas libres nas escolas deportivas municipais para matriculación en setembro. Curso 17/18

Prazas libres nas escolas deportivas municipais para matriculación en setembro. Curso 17/18

Logo do remate do prazo aberto entre o 15 de xuño e o 5 de xullo para a reserva de prazas das escolas deportivas para o curso 2017/2018 na piscina municipal de Centieiras e no pavillón municipal A Xunqueira un total de 892 usuarios formalizaron a súa inscricción para o vindeiro curso que dará comezo a partir do día 1 de outubro.


Lembrarlles a todos/as os usuarios/as que fixeron a súa reserva de praza e que optaran polo pagamento mensual, que os recibos correspondentes ao mes de outubro estarán ao seu dispor no control do pavillón A Xunqueira a partir do día 12 de setembro onde poderán retira-los en horario de mañá de 08:30 a 13:30 e polas tardes de 18:00 a 22:00 h, o prazo para o seu pagamento como é habitual estará aberto entre o 13 e o 26 setembro.

Descargas
Ligazóns