Obradoiros de Emprego

Obradoiros de Emprego

O Concello de Fene xunto cos de Ares, Mugardos, Neda e Cabanas impartirá, entre setembro de 2017 e marzo de 2018, tres especialidades dos  obradoiros de emprego subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

PROXECTO INICIA II - 15 prazas

Programa mixto de formación e colocación dirixido a mozos e mozas empadroados nun dos cinco concellos e que estean rexistrados no programa de garantía xuvenil.

A inscrición neste rexistro é un requisito indispensábel para poder participar no obradoiro. Para formalizalo accédese a través do seguinte Goberno de España - Garantía Xuvenil

 Os requisitos para inscribirse no programa de garantía xuvenil son:

  • Estar empadroado en calquera localidade do territorio nacional español.
  • Ter máis de 16 anos e menos de 30,  no momento de solicitar a inscrición no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  • Non estar realizando accións formativas nin educativas.
  • Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil.

A especialidade formativo ocupacional que se vai impartir é a seguinte:

  • FÁBRICA E MONTAXE DE INSTALACIÓN DE TUBERÍA INDUSTRIAL, curso de nivel 2 que require  estudos de ESO ou equivalente. Tamén é requisito imprescindible para poder acceder a este programa ser maior de 18 anos.

PROXECTO REINICIA IV - 20 prazas

Programa mixto de colocación e formación dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos.

As especialidades formativo ocupacionais a impartir son as seguintes:

  • ATENCIÓN SOCIOSANITARIA NO DOMICILIO, curso de nivel 2 que require  estudos de ESO ou equivalente.
  • TRABALLOS DE CARPINTERÍA E MOBLE, curso de nivel 1 que require estudos primarios.

Para máis información:

Concello de Fene, Area de Formación e Emprego “Pancho Allegue”, Avda. do Concello s/n, Teléfono 981 492 767. orientacion.laboral@fene.gal

Ligazóns