Aberto o prazo de solicitude das subvencións nominativas

Aberto o prazo de solicitude das subvencións nominativas

Unha vez publicada no BOP de hoxe 11 de outubro de 2017  a aprobación definitiva do expediente de modificación de créditos, teñen de prazo até o 25 de outubro para presentar a solicitude de subvención nominativa, anualidade de 2017.
 
As entidades solicitantes deberán cubrir estes formularios en todos os seus extremos e, no caso das subvencións iguais ou superiores aos 3.000 euros, achegar tamén certificados vixentes de estar ao corrente das súas obrigas tributarias e fiscais así como coa seguridade social; isto é, certificados expedidos pola Xunta de Galicia de non ter débedas coa comunidade autónoma; pola Axencia Tributaria (Facenda) e Tesourería da Seguridade Social.

Ademais destes formularios tamén teñen que achegar:

a)    Estatutos da entidade

b)    DNI do representante

c)     CIF da entidade

d)    Certificado de titularidade da conta na que facer efectivo o pagamento da subvención.

Están exentas de entregar a documentación requirida nos apartados a), c) e d) aquelas entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións (iso si, teñen que indicar na solicitude o número de inscrición neste Rexistro) e aquelas entidades que xa entregaran con anterioridade esta documentación.
 
Dada a obriga legal das entidades a relacionarse electrónicamente coa administración a documentación entregarase a través dos rexistros electrónicos habilitados, isto é a través da sede electrónica do Concello https://sede.fene.gal/gl do Rexistro Electrónico Común (Plataforma do Estado á que o Concello de Fene está adherida) ou por calquera outro dos procedementos establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Entregada a documentación de solicitude e comprobado que se axusta á normativa que rexe a concesión de subvencións nominativas, procederase á sinatura do correspondente convenio de colaboración e a partir dese momento será cando a entidade que representa terá que achegar a conta xustificativa e demais documentación acreditativa do investimento da subvención concedida

Descargas
Ligazóns