Vinte paxes reais acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar na cabalgata de Fene

Vinte paxes reais acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar na cabalgata de Fene

A cabalgata das SS.MM. os Reis Magos de Oriente partirá hoxe venres 5 de xaneiro ás 18.00 horas de Perlío (fronte Aguilar) para percorrer Avenida Marqués de Figueroa, Cruce de Fene e Avenida de Naturais.

As carrozas das SS.MM. irán acompañadas de 20 nenos e nenas caracterizados/as de paxes reais, pastores/as ou apalpadores/as. Nenos/as que solicitaron previamente a súa participación na convocatoria aberta en decembro.

Melchor, Gaspar e Baltasar concluirán o seu percorrido na praza do alcalde Ramón Souto González, onde o alcalde de Fene, Juventino Trigo, dará a benvida aos Reis Magos e onde, a continuación, terá lugar unha festa infantil (baixo carpa).