Aviso de cortes de tráfico durante o desfile de comparsas do mércores de cinza

Aviso de cortes de tráfico durante o desfile de comparsas do mércores de cinza

A concellería de Seguridade informa que o vindeiro mércores 14 de febreiro, de  17.45 a 19.00 horas, procederase ao corte do tráfico das rúas Marqués de Figueroa, Cruce de Fene e Avda. Naturais de Fene por mor da celebración do desfile de comparsas do Entroido 2018. Ademais, a rúa río Cádavo permanecerá pechada á circulación de 17.30 a 18.15 horas pola concentración das comparsas que iniciarán o seu percorrido cara a praza do alcalde Ramón Souto González ao redor das 18.00 horas.

Dende a Policía Local de Fene piden desculpas á veciñanza polas molestias que os cortes de tráfico previstos para este mércores poidan ocasionar e propoñen as seguintes rutas alternativas no horario fixado de peche da circulación:

De Ares/Mugardos dirección Ferrol: Autovía ou en Perlío (para acceder a San Valentín e Ferrol): rúas da Xunqueira, Hortelá e Cruceiro

De Pontedeume/A Coruña dirección Ferrol: Autopista/Autovía

Saída da Autopista para Centro de Saúde de Fene: Porta do Sol, Rúa da Fraga e Avda do Tarrío.