Adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 para o curso 2018/19

Adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 para o curso 2018/19

Desde o 10 de marzo e ata o 9 de abril estará aberto o prazo para a  presentación de solicitudes nas  escolas infantís do Concello de Fene para o próximo curso 2018/2019. O prazo está aberto tanto para a reserva de praza, para os nenos e nenas que xa están acudindo ás escolas, como para as solicitudes de novo ingreso.

Para calquera tipo de información, as persoas interesadas deben acudir as escola infantil do Concello de Fene. Alí serán atendidos e facilitarase toda a información que precisen, así como os impresos e a documentación necesaria.

Pode atoparse máis información nas seguintes páxinas web: http://www.igualdadebenestar.org e http://www.escolasinfantisdegalicia.es.

Escolas infantís Fene 0-3 anos:
    
Perlío
Lugar da Torre, s/n, Perlío,
981 34 45 73

Barallobre    
Lugar do Carril, Barallobre, 15528 Fene (A Coruña)    
981 36 01 80


 

Ligazóns