Alerta meteorolóxica

Alerta meteorolóxica

Adverso laranxa por vento para o mércores  14 de marzo de 2018. Ver alertas activas nos enlaces achegados.

 RECOMENDACIÓNS:
• Evitar as actividades ao exterior.
• Evitar os desprazamentos, en todo caso, antes de coller o coche, consultar o estado das estradas.
• Lembrar que co vento o mobiliario urbano puido terse desprazado e os restos de árbores e pólas que puideron caer á vía poden condicionar a circulación.
• Non empregar vehículos lixeiros, como bicicletas ou ciclomotores.
• Afastarse de edificios ruinosos, árbores, paneis publicitarios, estradas e obxectos que sexan susceptibles de desprazarse co vento.
• Retirar das fiestras, dos balcóns e dos tellados calquera obxecto que poida caer á rúa.
• Lembrar que o efecto de arrastre das choivas acaecidas pode provocar o desprendemento de terra e pedras.

Ligazóns