Fene acolle este domingo a Final Provincial de Duatlón do Programa Xogade da Xunta de Galicia

Fene acolle este domingo a Final Provincial de Duatlón do Programa Xogade da Xunta de Galicia

A proba terá lugar este domingo, 15 de abril, a partir das 11 da mañá, con saída e meta a carón do pavillón polideportivo de San Valentín.

Ao redor de 250 rapaces/as participarán o domingo na Final Provincial de Duatlón Escolar Xogade que se desenvolverá polas rúas do barrio de San Valentín. Os/as participantes realizarán un percorrido polo Paseo Marítimo de San Valentín, Avda do Mar, rúa Tellerías e Camiño do Regueiro.

Tal e como se establece no regulamento da proba, haberá catro categorías de participación: benxamín (500 m. de carreira, 2000 m. de bicicleta, 250 m. de carreira), alevín (1000 m. de carreira, 4000 m. de bicicleta, 500 m. de carreira), infantil (1500 m. de carreira, 6000 m. de bicicleta, 750 m. de carreira) e cadete (2000 m. de carreira, 8000 m. de bicicleta, 1000 m. de carreira).

Os tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto masculina como feminina, recibirán medalla (oro, prata e bronce). Ademais, haberá clasificación tanto individual coma por equipos para participar posteriormente na final galega.

Segundo informan dende a Policía Local de Fene, por mor do desenvolvemento desta proba, de 10 a 13.30 horas deste domingo, 15 de abril, pecharase o tráfico e prohibirase o estacionamento de vehículos na Avda. Do Mar, dende o bloque número 7 até Mercadona. Así mesmo, prohibirase a circulación polas rúas Tellerías e Camiño do Regueiro no mesmo horario.

Organiza: Concellería de Deportes do Concello de Fene, Escola “Javi Gómez Noya” e Club Triatlón Ferrol.

Colabora: Xunta de Galicia (Deporte Galego), Federación Galega de Triatlón, Lodeco, Galicia Saudable, Abanca, NorInver, Deputación da Coruña, Coca Cola, Protección Civil de Fene, Moda Roberto, Mantenimientos y Limpiezas del Norte, Ciclos Roca, Ópticas Nororeste e Val Clínica Dental.