II Torneo de ximnasia artística feminina Concello de Fene

II Torneo de ximnasia artística feminina Concello de Fene

A competición desenvolverase o domingo 22 de 10.00 a 14.00 h no Pavillón A Xunqueira

As nenas realizarán exercicios nos catro aparellos: salto, asimétricas, barra e chán. O Torneo é a nivel interno do Club Ximnasia Ferrolterra e nivel escolar para o Club Escola Ximansia Ferrolterra; ainda que para todas é a súa primeira competición do ano, e para moitas delas a súa primera competición.

Participarán as seguintes categorías:

Escolar 1: nenas nacidas no ano 2010 e posteriores (6-7 anos).
Escolar 2: nenas nacidas no ano 2010-2009 ( 8-9 anos).
Escolar 3: nenas nacidas no ano 2008-2007 ( 10-11 anos).
Escolar 4: nenas nacidas no ano 2006 e anteriores ( 12 ou maís).



Ademáis da competición haberá unha exhibición dos nenos da modalidade de trampolín do Club Ximnasia Ferrolterra. Nos aparellos de minitramp, dobleminitramp e tumbling. Finalmente, participarán un grupo de nenas/os de balie da escola Paso a Paso.

Organizan: Concello de Fene e Club Escola Ximnasia Artística Ferrolterra

Colabora: +KeFruta