Verán máis alá

Verán máis alá

Verán máis Alá!” celebrarase do 2 ó 27 de xullo no CEIP Centieiras, dende as 8 ata as 14,30 h. Está dirixido ó alumnado escolarizado en  Educación Infantil e Primaria, nados entre os anos 2006 e 2014.

Ofertaranse 120 prazas por cada quincena e a ficha de inscrición deberá entregarse no Departamento de Cultura e Deportes (Avenida Naturais, 44 entresollado dereita) nas seguintes datas: a veciñanza de Fene o mércores, 6 de xuño (de 8 a 19 horas) e o xoves 7 de xuño (de 8 a 14 horas) e, os veciños doutros concellos, o venres 8 de xuño (de 8 a 14 horas)este caso, só se quedan prazas vacantes, cuestión que se anunciará na web municipal www.fenecidadan.gal. O luns 11 de xuño publicarase a listaxe dos participantes e, a partir de aí, poderá facerse o ingreso bancario (entregándose antes das 14 horas do venres 15 de xuño. A cuota a abonar para todo o mes é a seguinte: primeiro membro da unidade familiar, 68,15 euros e, a partir do segundo, 36,70 euros. No caso da quincena, o primeiro membro abonaría 34,08 euros e, a partir do segundo, 18,35 euros. Así mesmo, hai descontos para familias en situación de escasa capacidade económica que, incluso, poden chegar á deducción do 100%.

Descargas
Noticias relacionadas