Fene convida a veciños e visitantes á gran festa do comercio, a Fashion Night

Fene convida a veciños e visitantes á gran festa do comercio, a Fashion Night

Fene vivirá mañá sábado, 16 de xuño, a gran festa do comercio local. Celebrará durante toda a xornada a Fashion Night, e farao cunha temática circense onde acróbatas, clowns, malabaristas, zancudos… tomarán o municipio para encher de fantasía e alegría as rúas de Fene. Os 42 establecementos participantes (20 comercios, 12 negocios de hostalería e 10 de servizos) tamén lucirán para a ocasión unha decoración propia dese mundo máxico. A Concellería de Promoción Económica que dirixe César Castro, organizadora da cita en colaboración coa Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos O Cruceiro, quere que esta cita actúe como un revulsivo para o sector. Unha medida de apoio que se suma a outras como o recén celebrado Concurso de Tapas. E unha fórmula para dar a coñecer a incrible calidade e oferta dos establecementos feneses.


Así, ós grandes descontos que ofrecerán ese día os locais, ás degustacións e agasallos, o Concello ten preparada unha amplísima programación en colaboración co sector para lograr que a estancia na Fashion comece xa dende pola mañá e se prolongue ata entrada a madrugada.


As actividades previstas desenvolverase principalmente en cinco escenarios: o entorno da praza Verde, da praza do Perla, da praza do Concello, na zona da escalinata do parque Castelao e Pan Perlío. Na praza Verde, entre as 11 e as 13 horas Carabel Saúde realizará demostracións da súa labor e charlas explicativas e A Xoaniña Tenda de Labores propón “un día de tecer na rúa”, con obradoiros de calceta. No mesmo espazo, de 17 a 19 h, Academia Estudos Emee realizará talleres de manualidades con goma eva e The English Academy Fene ofrecerá actividades como contacontos, pintacaras e repostería circense. Ás 20,30 h, comezará a actuación de baile de Paso a Paso e, xa ás 23 h, concerto co grupo Black Jack. No entorno do parque Castelao, está prevista a actuación de baile dos alumnos e alumnas da academa Fusion Dance, ás 18 h. Unha hora máis tarde, ás sete, e no entorno da praza do Perla, organizarase un desfile a cargo dos locais Mas Sport, Koralli Boutique, Maika, El Salón de Filo, Berline Boutique, Caasi e Loli Calvo e, ás 20 horas, actuación de baile a cargo de Boris Pico Dance Center. Na zona Pan Perlío, o grupo Hominitres ofrecerá un concerto a partir das 21,30 horas e na zona da praza do Concello as actividades celebraranse entrada a noite: ás 21 h, desfiles dos locais Un pedacito de mi, Dama, Moda Fene, Jomer e Artabria, Lualé 114, Costuras, Peluquería Yolanda Vizoso, El Baúl de Bego, El Salón de Filo, Yovi Peluquería de Mascotas; ás 22 h, haberá unha exhibición de baile a cargo de Boris Pico Dance Center, Paso a Paso e Fusion Dance e, xa ás 23.30 h, actuación musical do grupo Los Zentholos. Por último, entre as 20 e as 23 horas, sucederase a animación a pé de rúa cun pasarrúas circense que non deixará a ninguén indiferente.

A Fashion Night inclúese no programa Fene Vivo Vén a Fene e busca consolidarse como un auténtico referente na comarca ofrecendo novas razóns para acudir ó municipio, realizar nel compras e tamén disfrutar da súa hostalería. Unha iniciativa, ó mesmo tempo, de impulso á economía local.