O Concello de Fene estende o alumbrado público no Camiño do Río de Saa

O Concello de Fene estende o alumbrado público no Camiño do Río de Saa

A Concellería de Servizos inviste máis de 10.000 euros na instalación de 10 báculos con tecnoloxía LED que darán servizo a unha zona moi transitada

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou do remate dos traballos para dotar de alumbrado público un treito de 400 metros do camiño do Río de Saa, dando continuidade ó servizo na zona. En concreto, instaláronse 10 báculos con iluminación LED que a pasada semana entraron en servizo. Ubicados entre o CMI de Fene e o Camiño de Río de Saa, trátase dunha zona moi transitada, especialmente por veciños e veciñas de todo o municipio que optan polo lugar para dar os seus paseos e camiñatas.

A intervención, realizada pola Concellería de Servizos, contou cun orzamento de 10.090,04 euros que se financiaron con fondos municipais, dando así cumprimento a unha demanda trasladada pola veciñanza.