O Concello abre o prazo para que os clubs de Fene soliciten o uso do campo de fútbol Os Pinares e os pavillóns da Xunqueira e do Ramo

O Concello abre o prazo para que os clubs de Fene soliciten o uso do campo de fútbol Os Pinares e os pavillóns da Xunqueira e do Ramo

A petición pode formalizarse vía telemática ou no Rexistro Xeral da consistorial

Pavillón O Ramo

A Concellería de Deportes que dirixe Xoán Manuel Bastida informou esta mañá da apertura do prazo para que os clubs de Fene soliciten horas de adestramento para a pretempada no campo de Fútbol Os Pinares e no pavillón polideportivo da Xunqueira, así como para a tempada 2018/2019 no campo de Fútbol e nos dous pavillóns (O Ramo e A Xunqueira).


Para isto, é preciso que os clubs remitan nas datas que se indican na normativa
(dispoñible no portal www.fene.gal), a relación de horas que soliciten de cada
instalación para a pretempada e para a tempada 2018-2019. Deberán cubrir, na ficha correspondente (tamén dispoñible na web municipal), as horas que interesen, e especificar o equipo (deporte e categoría) que vai utilizar cada hora. Poden facer o trámite vía telemática ou entregar a documentación no Rexistro Xeral da consistorial.

As solicitudes de pretempada realizaranse unicamente para o campo de Fútbol dos Pinares e pavillón da Xunqueira. As solicitudes de adestramento da tempada poderán realizarse para o campo de Fútbol dos Pinares e os pavillóns da Xunqueira e do Ramo.


Deberase comunicar se se solicita pista / campo completo ou terzo/medio campo. No caso de non especificar, entenderase que se solicita pista ou campo completo.
Por último, sinalar que os períodos de adestramento da pretempada e tempada serán o seguintes:

No Campo de Fútbol Os Pinares:
-Adestramentos de pretempada do 1 ó 31 de agosto
-Adestramentos de tempada comezarán o 1 de setembro


Pavillón polideportivo municipal A Xunqueira:
-Adestramentos de pretempada do 1 ó 30 de setembro
-Adestramentos de tempada comezarán o 1 de outubro


Pavillón polideportivo municipal O Ramo:
-Adestramentos de tempada comezarán o 1 de outubro

Descargas